viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos fomenta o emprendemento titorizando proxectos de emprendedores

Mos fomenta o emprendemento titorizando proxectos de emprendedores

O Programa EmprendeMos 2024 estase a desenvolver na Axencia de Colocación mosense prestando asesoramento aos participantes sobre todos os trámites do proceso de posta en marcha dunha empresa

O Concello de Mos apoia aos seus emprendedores e emprendedoras e aplaude a súa “valentía, esforzo, espírito de superación e capacidade de innovación” tal e como lles trasladaba a alcaldesa, Nidia Arévalo, durante a visita realizada coa concelleira de Emprego, Julia Loureiro aos participantes no PROGRAMA EMPRENDEMOS 2024 que se está a desenvolver na Axencia de Colocación mosense.


Neste programa, de iniciativa municipal, pónse en valor o talento de cada emprendedor/a, así como as súas cualidades e titorízaselles para desenvolver a súa idea de negocio durante dous meses. Vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en desenvolver un proxecto de emprendemento.


Durante os meses de maio e xuño o Programa de Emprendemento EmprendeMos 2024 desenvolvido polo Concello de Mos, dende o seu SAE (Servizo de asesoramento á persoa emprendedora) e en colaboración con entidades especializadas, como Espazo Coop (Rede Eusumo), Fundación Ronsel e Rede Araña, titoriza iniciativas emprendedoras. As sesións comezaron o pasado día 8 de maio (10:00 -12:30 h), e realizando o seguimento e aclaración de dúbidas e cuestión concretas de cada proxecto os días 12 e 20 de xuño (10:00 –a 13:00 h).


En colaboración con entidades especializadas, tócanse tódolos puntos do emprendemento: coa colaboración de Espazo Coop o día 24 de maio (10 h-12:30 h) desenvolveuse unha charla de sensibilización para o empredemento cooperativo E ti, coñeces a fórmula? Coa colaboración da Fundación Ronsel durante os días 27 ao 30 de maio (10:00 – 13:00 h) avalíanse as ideas e competencias emprendedoras, trabállase a viabilidade da idea empregando o modelo Canvas, e complétase esa formación coa concreción da idea, análise de mercado, creación e difusión da marca e concreción do Plan de Negocio ou empresa, a través da Rede Araña, (entidade sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a mellora da empregabilidade de colectivos desfavorecidos) os días 25 ao 27 de xuño (09:30 – 14:00 h).


Así os/as participantes contan con axuda e apoio para desenvolver a súa Imaxe de Marca Persoal e o seu Plan de empresa, facendo un estudo de mercado, unha análise DAFO, e un Plan de Marketing, producción, organización de recursos humanos, e forma Xurídica, etc.


Tamén reciben asesoramento sobre os trámites para a posta en marcha e constitución
dunha empresa e información sobre a financiación pública e privada.


Ademais se lles expuxo tamén a fórmula do cooperativismo como modelo de negocio. Explicando como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS