miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsA RaiaA pesca de lamprea no Miño acurtarase 15 días a próxima tempada

A pesca de lamprea no Miño acurtarase 15 días a próxima tempada

A tempada de pesca de lamprea no tramo internacional do río Miño acurtarase quince días o próximo ano. Así o acordou a Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que se celebrou esta semana en Tui coa participación de autoridades españolas e portuguesas. Nesta comisión púxose sobre a mesa o problema da escaseza da lamprea que leva anos preocupando a pescadores de ambas beiras do Miño, polo que se acordou rebaixar o período de pesca quince días, permitindo as capturas deste peixe do 2 de xaneiro ao 30 de marzo, co obxectivo de conservar a especie.

Ademais, a instancias dos pescadores da zona alta do río, que levan a cabo a súa actividade nas pesqueiras, acordouse dividir a tempada de pesca da lamprea en dúas zonas xeográficas.

Por outro lado, tamén se propuxeron iniciativas para combater outras especies invasoras, como a carpa, deixando sobre a mesa a posibilidades de abrir a comercialización deste peixe.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS