lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoCristina Fernández Davila xa ten o bastón de mando de Ponteareas

Cristina Fernández Davila xa ten o bastón de mando de Ponteareas

Acada a marioría absoluta cos votos a favor dos grupos de goberno, BNG e PSOE.

A nacionalista, Cristina Fernández Davila, xa ten o bastón de mando de Ponteareas ao acadar a maioría absoluta do pleno cos votos a favor dos concelleiros e das concelleiras do Bloque e PSOE, socios de goberno.

Os socialistas non presentaron a súa candidatura para votar a favor da nacionalista Cristina Fernández Davila.

Si presentaron candidatura a obter o bastón de mando de Ponteareas a popular Belén Villar e o líder dos independentes, Juan Carlos Carrera.

Toda vez que a nacionalista acadou os 12 votos a favor do pleno, un máis dos que se precisan para á maioría absoluta, quixo explicar na sesión de investidura que «non hai máis honra que ser rexedora desta vila» e tivo lembranzas para Xosé Represas, que dimitiu do cargo por motivos de saúde. «Segue sendo o meu alcalde», dixo Fernández Davila, quen puxo como prioridade a reactivación económica nos dous anos que restan de lexislatura.

Pola súa banda, a líder dos socialistas, socia de goberno, Chus Garrote, recoñece a labor de Pepe Represas como alcalde.

Mentres, a líder da oposición, a popular Belén Villar, lembroulle a Davila os asuntos pendentes de Ponteareas como o plan urbanístico ou o saneamento nas parroquias.

Finalmente, o líder de ACIP, Juan Carlos Carrera, apelou ao consenso e a participación. Asegurou a lealdade ao goberno mais cunha actitude «fiscalizadora» co fin de mellorar a vila.

O encargado de dárlle o bastón á nacionalista foi o tamén nacionalista Miguel Bouzó, por ser o concelleiro máis novo da corporación.

Amáis, sumáronse ao goberno local dous concelleiros. Trátase de Francisco Floreal, que volve ao concello con Facenda e Lola Covelo, que asumirá competencias de saneamento e abastacemento de auga. Para que subiran ambos, houbo 18 de renuncias na lista do BNG. 

Tanto a nova alcaldesa como os dous novos concelleiros xuraron por imperativo legal a constitución.

Cristina Fernández Davila é a segunda muller alcaldesa de Ponteareas, a primeira nacionalista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS