O 112 Galicia tivo constancia deste accidente pasadas as 11:15 horas. Un tráiler acababa de envorcar nun terraplén á altura do quilómetro 136 da N-550, na parroquia do Viso. Múltiples particulares achegáronse ao lugar dos feitos para auxiliar ao implicado e confirmaron que este permanecía atrapado na cabina.
Ademais, o camión acabou no medio dunha pendente e era necesario aseguralo para evitar que continuase caendo. Polo tanto, os equipos de intervención procederon a recolocalo nunha posición que lles permitise traballar con seguridade na liberación do ferido, tarefa que lograron pasadas algo máis de dúas horas.
Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, interveñen os Bombeiros de Redondela, O Porriño e Vigo, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Mos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Redondela e os operarios de conservación da estrada.