viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA RaiaManifesto conxunto entre Galicia e Portugal para defender a conexión ferroviaria de...

Manifesto conxunto entre Galicia e Portugal para defender a conexión ferroviaria de alta velocidade

Anunciouno na mañá deste mércores o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Pleno do Parlamento de Galicia

“Imos presentar en pouco tempo un manifesto conxunto, xunto coa Comunidade de Traballo do Norte de Portugal, en defensa de que o Norte de Portugal e Galicia teñan un ferrocarril, un transporte do século XXI”, declarou. Neste sentido, celebrou que neste asunto Galicia e Portugal estean completamente aliñados nos seus intereses, xa que no Goberno luso ven esta conexión como algo prioritario.

Rueda amosou o seu interese de que todas os grupos parlamentarios galegos defendesen este proxecto, xa que considera que «ten un interese moi grande para todos os galegos, e así demostrarase os beneficios que ten pertencer á comunidade europea: Os cidadáns verán de verdade todas as oportunidades que podemos aproveitar a día de hoxe en Europa”, rematou o presidente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS