O Concello do Porriño anima á veciñanza á participar na elaboración das alfombras florais da vila o próximo sábado
Máis de 900 m2 de orixinais e coloristas mantos vexetais decorarán as rúas principais do casco urbano
O Porriño vestirase de flores para celebrar o día do Corpus Christi o vindeiro domingo 2 de xuño. Máis de 20 voluntarias levan preparando durante semanas os tapices florais que decorarán os 290 metros que separan a igrexa Santa María do Porriño da praza do Arquitecto Antonio Palacios, máis de 900 m2 de arte floral na rúa.
Este ano, con motivo do Ano Palacios, o arquitecto porriñés será o protagonista do rosetón na praza que leva o seu nome. O resto das rúas ata a igrexa da parroquia de Santa María, onde se ubicará un dos deseños principais, tamén se engalanarán.
As/os voluntarias/os comezarán a pintar os deseños o sábado a primeira hora da tarde para logo decoralos con pétalos, follas, area e viruta. Toda a veciñanza é benvida para colaborar na colocación dos adornos florais. Nenos/as e adultos/as pódense achegar a partires das 18.00 horas fronte á Igrexa e participar nesta tradición que comezou hai xa 30 anos no Porriño, no ano 1994.
Os actos de celebración do Corpus Christi terán lugar o domingo día 2 coa procesión e misa
solemne ás 12.00 horas.