As persoas interesadas poden solicitalo enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@allariz.gal
A compostaxe doméstica ofrece grandes vantaxes medioambientais e económicas, xa que, ao reciclarse a materia orgánica en orixe, redúcese a cantidade de refugallos depositados no contedor xenérico, propiciando que se minore a frecuencia de recollida e transporte de lixo por parte dos servizos municipais, e, polo tanto, que se reduzan as emisións de CO2 á atmosfera. Así mesmo, contribúe a diminuír as toneladas de residuos entregadas a Sogama para o seu tratamento final, minguando deste xeito o importe da factura a abonar polos concellos a esta empresa pública.