jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasVigoA planta de Balaídos paraliza sine die a produción de vehículos

A planta de Balaídos paraliza sine die a produción de vehículos

A planta viguesa da antiga PSA Peugeot Citroen, agora Stellantis Vigo, viuse obrigada a paralizar indefinidamente a súa produción pola carencia de micrichips. A dirección da empresa comunicoullo aos seus provedores e ao comité de empresa sen poder dar unha data de reinicio.

Ate novo aviso, Stellantis Vigo paraliza os seus dous sistemas de produción e deixa de producir 2.300 coches diarios.

Un problema de desabastecemento mundial marcado pola pandemia da COVID-19 e a disparada demanda de semiconductores que son necesarios para a produción de todo tipo de dispositivos electrónicos: PC, móbiles, consolas, tablets, vehículos, etc,

A planta de Balaídos comunicou este xoves ao comité de empresa e aos seus provedores o parón.

Quedan sen actividade ata novo aviso as dúas liñas, que en total producen 2.300 vehículos diarios.

Os provedores, fabricantes de compoñentes de automoción asentados en Galicia, terán que recurrir tamén aos ERTE (expedientes de regulación de emprego temporal) aprobados este ano para sobrevivir a este parón sen data do seu fin.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS