jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísGalicia oferta este verán campamentos para maiores de 18

Galicia oferta este verán campamentos para maiores de 18

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico incorpora este ano campamentos para mozos de 18 a 30 anos

“Serán 200 prazas para estadías nos meses de xullo e agosto”, indicou o titular do Executivo galego.

Deste xeito, as persoas que sobrepasen a maioría de idade terán á súa disposición cinco instalacións diferentes nas cales, segundo explicou Rueda, “desenvolver roteiros, actividades artísticas, acuáticas ou de multiaventura”: o albergue de Cabana de Bergantiños, o campamento A Devesa en Ribadeo, o albergue xuvenil de Allariz, o albergue Montañas de Trevinca na Veiga e complexo Cemar en Mondariz-Balneario.

Así, os maiores de 18 anos, ademais de poder gozar dos campos de voluntariado, ven aumentada a súa oferta no marco deste programa, no cal se poderán inscribir a través da web de Xuventude do 3 ao 10 de xuño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS