Mos supera os 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana con 41 casos entre a súa veciñanza en 7 días.
Segundo a última actualización de Sanidade, Mos presenta a incidencia máis alta ao rexistrar 250 contaxios por 100.000 habitantes ao sumar 8 positivos en 24 horas ata os 41 nunha semana. Amáis, a presenza da COVID-19 aumenta no concello de Mondariz e voven os casos ao municipio de Oia. Pola contra, descende en Salceda de Caselas, Gondomar e en Soutomaior.
Mos presenta a incidencia máis alta das comarcas ao situarse con máis de 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana con 41 contaxios. Isto é, 8 máis que na xornada anterior. Séguelle o municipio de Crecente que, con 2.000 de poboación, rexistra entre 125 e 250 por 100.000 sen superar o abano dos 1-9 casos.
Mondariz comparte agora a mesma situación epidemiolóxica que O Rosal e As Neves ao situarse nunha incidencia que supera os 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Ningún deles supera o abano dos 1-9 casos.
Oia rexistra arestora a mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas, é dicir, entre 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. A esta mesma descende Salceda de Caselas logo de 7 días superando os 75 contaxios por cada 100.000.
Baixa a presenza do virus nos concellos de Gondomar e Soutomaior ata a segunda máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma situaicón epidemiolóxica que mantén con respecto a onte Salvaterra de Miño.
En Fornelos de Montes e Pazos de Borbén a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza en 7 días mais manteñen casos en 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos concellos libres do virus como si o están Arbo e Mondariz-Balnerio. Baiona ten menos de 10 positivos por 100.000 habitantes.
A Guarda, Tomiño, Oia, Nigrán, Vigo, Redondela, Covelo, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño continúan na incidencia entre os 25 e os 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana, igual que onte. Superan o abano dos 1-9 contaxios Nigrán con 13 (+1); Vigo con 163 (+1) e Redondela con 11 (-4).
832 casos activos na Área Sanitaria de Vigo
Un caso máis que onte é o cambio que experimenta a Área Sanitaria de Vigo. Así, son 832 veciños e veciñas da área que arestora teñen a COVID-19. Nos hospitais, é unha persoa menos ingresada por mor do virus ata as 32 en camas convencionais e mantense en 8 o número de persoas que precisan de coidados intensivos.
A Área Sanitaria de Vigo segue como a que máis casos activos rexistra de Galicia, séguelle a da Coruña con 553.