Salientou a importancia de tomar “medidas valentes e consecuentes” e ofrecer “estabilidade e confianza” ao tecido empresarial. «Se queremos chegar a unha Galicia mellor, o primeiro é sentar as bases a través da xestión e o rigor, e facendo realidade o prometido»
Na súa intervención, Rueda destacou que para a Galicia do futuro é tamén importante que se vaian cumprindo os fitos marcados. «Marcamos 15 obxectivos nos primeiros 100 días de Goberno e estamos xa avanzando na posta en marcha de todos e cada un deles”.
Rueda aposta por converter Galicia nun polo de atracción de investimentos e aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas industrias.