viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesTanxugueiras porá a nota musical do encontro entre Galicia e Panamá

Tanxugueiras porá a nota musical do encontro entre Galicia e Panamá

As seleccións de fútbol enfróntase este venres, 31 de maio, a partir das 20.00 horas no estadio vigués de Balaídos

O partido fronte a Panamá supón a volta da selección galega ao terreo de xogo despois de oito anos sen competir.
O combinado estará dirixido neste encontro amigable polo técnico vigués Diego Martínez, ex adestrador do Granada e Espanyol. Substitúe así a Michel Salgado, o encargado de capitanear ao equipo no seu último partido, disputado en Riazor o 20 de maio de 2016.
O enfrontamento será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia e poderá verse tamén no país centroamericano.

Programa de actividades
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), co obxectivo de que a xornada sexa toda unha festa, presentou na sede federativa de Vigo o programa de actividades paralelas que se levarán a cabo. O cartel conmemorativo do evento, da pintora viguesa María José Pulido; o encontro, tamén amigable, que disputará «A Outra Irmandiña» no que participarán un nutrido elenco de actores, actrices, figuras do audivosivual galego, ex futbolistas e xornalistas galegos, ás 12.30 horas en Coia e a instalación dunha Fan Zone nos arredores de Balaídos son algunhas delas.
As Tanxugueiras serán as encargadas de interpretar o himno galego nos prolegómenos do encontro sobre o propio céspede de Balaídos.
No acto, celebrado na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo, estiveron o vicepresidente da entidade, Fernando Iglesias; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a creadora do cartel, a pintora María José Pulido e o humorista e actor José Antonio Touriñán.

Venda de entradas
A venda de entradas segue activa a través da web www.futgal.es e tamén o propio día do partido se poderán adquirir nos despachos de billetes do estadio vigués.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS