viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO 85% dos montes galegos estarán videovixiados

O 85% dos montes galegos estarán videovixiados

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste luns a actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou entre as principais novidades o incremento do número de cámaras nos montes que permitirá “que o 85% do territorio galego en risco de incendio” contará con videovixilancia. En concreto, tal e como indicou Rueda, “vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos”.

Salienta que o operativo antiincendios estará integrado por máis de 7.000 persoas, “unha trintena de medios aéreos e 380 motobombas” e destaca a entrada en funcionamento, este ano, da base de medios aéreos de Verín-Oímbra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS