O Goberno autonómico investirá este ano un millón de euros coa previsión de movilizar no sector 2,5 millóns de euros durante o outono. Poranse en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150 euros, cofinanciados nun 40 % pola Xunta de Galicia en nun 60 % polas persoas que o soliciten. Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300 euros para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia: