domingo, noviembre 24, 2024
InicioActualidadeCultura"O frío" de Pablo Dopazo gran vencedora en Cans

«O frío» de Pablo Dopazo gran vencedora en Cans

A curta foi elixida polo xurado do Festival como gañadora na sección de Ficción, Dopazo obtivo o premio ao Mellor Director e tamén levou o galardón ao Mellor Actor polo papel interpretado por José María Sanjurjo.

A curta gañadora recibe un premio de 2.000 euros en metálico e un Can de Pedra.

No apartado de Animación o premio do xurado, dotado con 1.500 euros, foi para “Alguén me chamou Serpe Negra “ de Borja Santomé.

O premio “AISGE” á Mellor Actriz foi para o protagonista da curta “Nai”, Andrea Vilariño, mentres que o filme “To bird or not to bird”, do realizador e guionista Martín Romero, obtivo dous galardóns, o premio “AGAG” polo Mellor Guión e o premio “Gadis” á Mellor BSO. “Ruovesi”, a curta da directora e guionista Andrea Zapata, recibiu o premio “Rc Service” á Mellor Fotografía.

O Premio do Xurado dos Veciños e Veciñas á Mellor Curtametraxe de Ficción/Animación foi para “Aquarium” da realizadora italiana afincada en Galicia Marguerita Morello.

Na sección Furacáns (Non Ficción) a curta gañadora foi “Viaxar aos teus recordos e buscar pelexa”, do boirense Daniel Pérez Silva. Nesta sección obtivo unha mención a curta “El Custodio”, que conta con guión e dirección do arquitecto Arturo Franco.

No apartado de Novas Camadas, que distingue aos realizadores menores de 25 anos, a curta gañadora do Premio “Deleite” foi “Taquión”, con guión e dirección de Miguel Barcia. Nesta sección tamén houbo unha mención para a curta “Sainte Agathe”, do director Juan Ares.

O director madrileño David Trueba durante a colocación da súa estrela no Torreiro de Cans. Cris Andina

David Trueba, invitado especial

O Torreiro encheuse de público para asistir ao coloquio co director madrileño, David Trueba, invitado especial en Cans nesta edición. Trueba mostrou as súas dotes para a oratoria e o seu sentido do humor nun diálogo co público e co director do festival, Alfonso Pato, que prolongouse máis dunha hora.

O director contou distintas anécdotas da súa longa traxectoria no mundo do cine, con referencias a actores como o inesquecible Fernando Fernán-Gómez e ao seu amigo Jorge Sanz. Despois do coloquio, Trueba deixou as súas pegadas no Torreiro das Estrelas, que xa conta con dous Truebas xa que o seu irmán Fernando o fixo hai algún anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS