En concreto, tivo lugar unha exposición de debuxos de produtos que se poden mercar nas prazas de abastos para dar mostra da variedade e riqueza destes espazos.
Na Praza de Abastos carballiñesa, o director xeral puxo en valor iniciativas coma esta que buscan concienciar ás novas xeracións sobre a importancia dos mercados de Galicia, co obxectivo de incentivar o consumo de produtos frescos e a compra de proximidade. Tamén co afán de destacar a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros, así como o seu papel na dinamización e desenvolvemento local.