A Deputación de Pontevedra destina:
- 150.000 euros aos servizos de normalización lingüística dos concellos de A Cañiza, A Estrada, Moaña, Ponteareas, O Porriño e Valga, dando cobertura así a todas as solicitudes de axudas recibidas
- Preto de 1,2 millóns de euros para que os concellos de Cambados, Gondomar, O Grove, O Porriño, O Rosal, Vila de Cruces e Vilaboa impulsen novos investimentos
ao abeiro da liña 1 e afronten gasto corrente no marco da liña 2 do Plan +Provincia - 100.000 euros nunha nova liña de axudas para impulsar o turismo a través do deporte. As subvencións teñen como obxectivo promover eventos deportivos de interese turístico e cunha importante proxección mediática exterior.