domingo, noviembre 24, 2024
InicioActualidadeCulturaUn Goya visita Cans

Un Goya visita Cans

Janet Novás trae ao Festival de Cans o primeiro Goya obtido por unha veciña desta parroquia porriñesa

O protagonismo da terceira xornada do Festival de Cans foi para a actriz e veciña de Cans, Janet Novás, quen trouxo o primeiro Goya que obtén unha persoa da aldea, despois de resultar gañadora na última edición dos premios do galardón á Mellor Actriz Revelación polo seu papel en «O Corno».

Novás confesou a súa emoción por volver a Cans co premio recentemente obtido e mostrouse moi agradecida pola confianza amosada por Jaione Camborda, a directora da película, para elixila para un papel tan especial. “Ter a confianza dun director e o máis importante para una actriz”, indicou Novás quen sinalou tamén que non pensa deixar de lado o seu traballo como bailarina malia o seu recente éxito con “O Corno”.

Outro filme que ten conexión temáticas con “O Corno” é a película do director catalán Pau Teixidor, “Alumbramiento”, que serviu como apertura oficial do Festival de Cans no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS