sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia consolídase como referente da pesca, a transformación e a distribución de...

Galicia consolídase como referente da pesca, a transformación e a distribución de produtos do mar

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pon en valor a fortaleza e a competitividade do sector pesqueiro galego como piares da súa presenza internacional

Así o manifestou durante a visita ás instalacións do Grupo Iberconsa no peirao de Bouzas en Vigo. Nesta liña puxo como exemplo a esta compañía, referente no ámbito da pesca, a transformación e a distribución de produtos do mar conxelados, líder mundial na comercialización de lagostino austral e de pescada conxelada.

Por outra banda, noutra visita, neste caso á Pobra do Caramiñal, ao buque arrasteiro Falcón coincidindo coa súa chegada tras cruzar o Atlántico desde Montevideo (Uruguai) para descargar o calamar capturado en augas de Malvinas, destacou o traballo realizado polas empresas pesqueiras nos últimos anos por renovar a súa frota mellorando a habitabilidade e seguridade nos buques repercutindo directamente nas condicións de traballo dos profesionais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS