domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal avala a prioridade do AVE a Galicia

Portugal avala a prioridade do AVE a Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda , mantivo un encontro co ministro de Infraestruturas de Portugal, Miguel Pinto, no que puido ratificar co Goberno portugués a prioridade da conexión de alta velocidade Lisboa-Porto-Vigo para o país luso.

“Estou moi tranquilo e moi satisfeito porque o goberno de Portugal confirmounos que mantén esta intención”, destacou Rueda.

Rueda manifestou a súa alegría por manter este encontro, que para el é unha demostración do gran momento de diálogo que mantén Galicia e Portugal. Un diálogo cunha importancia moi grande, por todo o que une aos dous pobos, e recordou todos os beneficios que ten para os dous territorios a conexión de Galicia coa rexión norte de Portugal, precisamente “despois de conseguir esta mesma semana o tren de alta velocidade que conecta as principais cidades galegas desde Madrid”, salientou.

Ademais, aproveitou para pedirlle ao Goberno español que cumpra os seus compromisos coa destinación dos fondos europeos para poder compatibilizar os avances a ambos lados da fronteira: “O que toca agora é dicir que todos os trámites deben acelerarse. Cada mes que pase é imprescindible”, sinalou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS