viernes, septiembre 27, 2024
InicioNewsO PaísPor primeira vez, os fogares con dous fillos poden aplicarse unha dedución...

Por primeira vez, os fogares con dous fillos poden aplicarse unha dedución fiscal de 250 euros

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembra as vantaxes na declaración da renda para as familias galegas con dous ou máis fillos

Ademais de aprobar esta nova dedución, que pode aplicarse por primeira vez dende este ano, a Xunta duplicou ata os 500 euros a rebaixa para as familias numerosas de categoría xeral con tres fillos. A partir do cuarto, as familias numerosas de categoría especial poden sumar un desconto de 250 euros por cada rapaz.

Fabiola García destacou a importancia de revisar o apartado de deducións autonómicas no borrador da declaración, porque estas vantaxes non veñen marcadas por defecto. As familias que aínda non a presentaron poden facelo ata o próximo 1 de xullo, e as que xa o fixesen, aínda están a tempo de presentar unha declaración adicional ata ese día para engadir estas deducións

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS