domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaO estudo das augas residuais da Coruña detecta cinco variantes da COVID

O estudo das augas residuais da Coruña detecta cinco variantes da COVID

O proxecto CovidBens detecta cinco variantes do coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa contorna.

O proxecto CovidBens, no que participa un equipo científica multidisplinar e que rastrexa o coronavirus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana para obter datos fiables sobre a incidencia do virus na poboación e detectar rebrotes, identificou nas últimas semanas ata cinco variantes do coronavirus. Trátase da británica, española, peruana, surafricana e brasileira.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que «proxectos como CovidBens, pioneiro en España e cuxos datos foron claves para que as autoridades sanitarias galegas tomasen decisións sobre a actividade da cidadanía, demostran a importancia da colaboración das entidades públicas na investigación científica e o posto de vangarda que ocupa A Coruña neste ámbito».

CovidBens é un proxecto de investigación que realiza un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos/as, enxeñeiros/as informáticos/as, matemáticos/as e de Camiños- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA- que recolle datos de toda a poboación, incluídas das persoas ás que non se lles realizaron tests ou pasaron a Covid 19 sen síntomas. Os datos do proxecto son públicos e actualízanse cada semana na web de Edar Bens SA, a empresa pública supramunicipal da que a rexedora é tamén presidenta.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS