Un desfile de moda e complementos organizado pola asociación Centro Comercial Aberto Ourense Centro, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o INORDE e que colabora a Deputación Provincial de Ourense.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia.
O delegado territorial explicou que “estamos a deseñar, da man do sector, o futuro plan estratéxico para o comercio, coa implicación das principais entidades”; e manifestou que “traballamos na elaboración dun Mapa do Comercio de Galicia, que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes”.