Tres persoas con positivo na variante india da COVID-19 do barco con bandeira de Bahamas ingresan no Vithas Fátima de Vigo.
En relación cos gromos da COVID-19 coa variante india que afectan a dous buques, atracados no porto de Vigo,veñen de ser traslados ao Vithas Fátima de Vigo tres pacientes máis do barco con bandeira Bahamas, co que serían un total de 8 as persoas vencelladas a este buque as que permanecen ingresadas.
Amáis, nas últimas horas, 4 dos 8 pacientes do barco con bandeira de Singapur foros dados de alta do mesmo hospital. Polo tanto , deste barco permanecen 4 hospitalizados, 1 deles na UCI.
En total ,segundo a xerencia da Área Sanitaria de Vigo, nestes momentos hai 12 pacientes ingresados dos dous buques. Todos permanecen estables.