Rueda destacou a contribución das empresas familiares á hora de “mover a economía galega” e facer avanzar a comunidade.
Este tipo de compañías -unhas 80.000 en toda a comunidade- representan ao 92% do tecido empresarial asentado en Galicia e o 86% do emprego privado (447.000 persoas). “Seguide sendo grandes e medrando porque se medrades, medra Galicia”, indicou para asegurar que o obxectivo da administración é “apoiar e coidar” sempre este tipo de iniciativas empresariais.