domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasVolve a COVID-19 ao Rosal e Fornelos sae da zona de risco

Volve a COVID-19 ao Rosal e Fornelos sae da zona de risco

No Rosal volven os positivos en COVID-19 logo de 10 días sen casos e Fornelos sitúase agora na incidencia máis baixa que contempla Sanidade.

Segundo a última actualización de Sanidade, O Rosal sae da listaxe dos municipios libres de COVID-19 ao rexistrar entre 1-9 contaxios nunha semana. Amáis, a incidencia aumenta en Salceda de Caselas, A Guarda e a Cañiza mentres baixa en Salvaterra de Miño, Baiona e fornelos de Montes.

O Rosal presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas: entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes, a mesma á que sobe A Guarda e A Cañiza. En todo caso, non supera o abano dos 1-9 positivos nunha semana ningún deles.

Salceda de Caselas comparte incidencia con Tomiño ao situarse entre 75 e 125 positivos por 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 contaxios entre a súa veciñanza. O concello do Baixo Miño manten os 11 casos, igual que onte.

O virus deixou de ciruclar nos concellos de Baiona e Fornelos de Montes coa perspectiva de 7 días polo que, arestora, presentan a incidencia máis baixa que contempla Sanidade, ao igual que As Neves. Con todo, os tres municipios manteñen casos de COVID-19 a 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe das localidades que se atopan ibres do virus como si o están Oia, Covelo, Crecente, Arbo, Mondariz e Mondariz-Balneario.

A presenza do virus baixa en Salvaterra de Miño ata situarse entre os 10 e 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 casos por 100.000 habitantes.

A maioría dos concellos das comarcas manteñen a incidencia con respecto a actualización de onte ao rexistrr entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Son os concellos de Gondomar, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, O Porriño, Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén. Deles superan os 9 positivos nunha semana, Gondomar con 11 (=), Nigrán con 10 (+1), Vigo con 208 (+9), Redondela con 16 (-2), Mos con 10 (+1) e Ponteareas con 13 (-2)

Falece un home de 68 anos no Hospital Señora de Fátima

O SERGAS notifica este venres o falecemento dun home de 68 anos, con patoloxías previas, no Hospital Señora de Fátima. Así, son xa 430 as persoas que perderon a vida con COVID-19 dende o inicio da pandemia na Área Sanitaria de Vigo.

Son cinco casos activos menos que onte ata os 854 e descende a presión hospitalaria en tres pacientes menos en camas convencionais e mantense en 11 nas UCI.

A área continúa como a que rexistra máis casos activos do conxunto de Galicia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS