A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a lagoa de Baldaio coincidindo coa celebración do Día Mundial da Biodiversidade, onde destacou o traballo que se realiza en Galicia para a protección de distintas especies vulnerables como a píllara das dunas, unha ave presente en distintas zonas da comunidade, entre elas este espazo costeiro do concello coruñés de Carballo.
A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático explicou que boa parte das actuacións se están a desenvolver ao amparo do proxecto europeo Iberalex, Xestión sostible de praias e zonas húmidas ibéricas: conservación da píllara das dunas como ferramenta para compatibilizar usos humanos e biodiversidade, no que participa o profesor Jesús Domínguez:
Levaranse a cabo unha serie de actividades a cargo dun grupo de voluntariado: