viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEuropa“Somos a túa resposta”, o lema do PPdG para as eleccións europeas

“Somos a túa resposta”, o lema do PPdG para as eleccións europeas

O Partido Popular de Galicia presenta as liñas mestras da súa campaña cara o 9 de xuño e fíxoo poñendo o foco na importancia das decisións que se toman no Parlamento Europeo para o dia a día dos galegos, a quen se dirixe directamente o seu lema: “Somos a túa resposta”.

Mañá terá lugar a tradicional pegada de carteis en Pontevedra e, ao longo dos próximos 15 días, o presidente Alfonso Rueda volverá estar presente nas catro provincias e nas sete cidades galegas.

Paula Prado asegura que unha vitoria do Partido Popular o 9 de xuño suporía “o colofón” ao ciclo electoral de éxitos que protagonizou o partido desde que Alfonso Rueda asumira a súa presidencia hai hoxe dous anos.

Os candidatos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez apelan a unha gran mobilización e á “renovación da confianza entre os galegos e o partido que máis se parece a Galicia”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS