Así o sinalou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, con motivo da presentación dun estudo censal entre case 70.000 alumnos sobre a incidencia do emprego do libro dixital nos resultados académicos, así como da folla de ruta para implementar este programa. Román Rodríguez subliña a necesidade de avanzar no modelo híbrido de ensino galego onde os alumnos compaxinen as máximas competencias analóxicas e dixitais.
No encontro tamén se avanzaron as novas accións para reforzar o programa E-Dixgal co fin de continuar perfeccionando o sistema, sobre todo no que atinxe aos contidos, ao asesoramento e apoio aos centros educativos, á formación do profesorado e á información ás familias.