O Servizo de Microbioloxía do Chuvi confirma a variante india da COVID-19 nas mostras analizadas dos tripulantes do buque con bandeira de Bahamas.
Tras analizar as mostras confírmase no laboratorio do Cunqueiro que tamén os dous tripulantes contaxiados teñen a variante india.
Este xoves ingresaba no hospital Vithas Fátima outro dos pacientes contaxiados. En total son 5 as personas dese barco que están hospitalizadas . Todos están estables.
Vacinación
A próxima semana continuará no IFEVI a vacinación, a partir do martes, e se citarán a máis de 25.000 persoas da área sanitaria de Vigo. Serán chamadas persoas menores de 59 anos e tamén ás que lles correspondan segundas doses.