sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño explora Italia

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño explora Italia

Unha delegación composta por alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico percorre estes días a rexión de Emilia-Romaña para coñecer de primeira man experiencias de desenvolvemento económico, turístico e social nunha zona vitivinícola de gran parecido con Galicia

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exploran novas experiencias e aprenden doutros territorio para seguir crecendo e innovando no rural. “Viaxes coma esta son fundamentais para abrir a mente e aprender de iniciativas que xa son todo un éxito que poden servirnos para continuar transformando o noso medio rural. Son tres intensos días de visita que supoñen un grande exemplo de coordinación entre institucións, empresas e sociedade para estreitar lazos entre o rural europeo”, como destaca a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Xunto con González, nesta visita de estudo participan autoridades dos 14 concellos que conforman o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, como o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; o rexedor de Pazos de Borbén, Luciano Otero; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís; e o rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro; así como os edís Sheila González, de Baiona; Rocío Goberna, de Gondomar; Leo Costas e Julia Loureiro, de Mos; Beatriz Rodríguez, do Rosal; Silvia Cernadas, de Soutomaior; e Ana Núñez, de Tui.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS