A formación será impartida por AFAGA no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, ó 30 de maio de 2024 ás 16:30 horas. A entrada será gratuíta ata completar aforo.
A iniciativa terá unha duración total de tres horas e será impartida pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga).
O obxectivo é dotar ás persoas coidadoras e familiares de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias de coñecementos que permitan mellorar a súa calidade de vida.
O alcalde, Horacio Gil, convida a asistir a este acto de concienciación “para estimular a colaboración na investigación do alzheimer, pero sobre todo convida as familias de afectados para achegar a realidade desta enfermidade e participar de forma activa”.
AFAGA Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza diversas actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzheimer e outras demencias, así como dos seus familiares. Tamén proporciona información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o requiran, e busca sensibilizar ás entidades públicas e privadas sobre a realidade desta enfermidade co obxectivo de lograr unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo. Ademais, fomenta e colabora en investigacións relacionadas con esta enfermidade.