sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos innova coa súa primeira Escola de Pais

Mos innova coa súa primeira Escola de Pais

Trátase dunha iniciativa ideada por dúas educadoras das Escolas Infantís da rede A Galiña Azul mosenses, Paula Jorge e Cristina Pollán

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, presentaron coas mestras das Escolas Infantís promotoras e impulsoras da iniciativa, Paula Jorge e Cristina Pollán, a primeira Escola de nais e pais do Concello de Mos.


Fixérono na Escola Infantil A Galiña Azul da Porteliña, onde conversaron con Paula Jorge, sobre este proxecto que xorde a partir da observación de educadoras infantís cunha ampla experiencia profesional da necesidade de proporcionar ás familias espazos para pensar e reflexionar sobre a ardua tarefa de ser nais e pais. Baixo o lema ‘Familias Activas’, as coordinadoras deste programa teñen como obxectivo axudar e orientar no seu labor educativo ás familias de a infancia.


En paralelo, un dos obxectivos desta actividade é promover a igualdade entre homes e mulleres na tarefa da educación. Todas as actividades da proposta profundan sobre a igualdade dun modo transversal. As reunións serán un espazo para que as mulleres poidan expresarse abertamente no relacionado coa crianza, en especial sobre todos os tópicos ou roles que tradicionalmente temos asignados por ser nais.


Esta Escola de Nais e Pais consta de reunións activas e participativas que, con periodicidade mensual, tratan os temas que máis inquietan ás familias coa colaboración de profesionais da materia que corresponda en cada tema facendo especial fincapé na igualdade de xero desde a rimera infancia.


A proposta de Familias Activas pretende ser un instrumento para proporcionar ás familias a información e a formación necesarias actualmente, sempre coa colaboración de profesionais obxectivos e concienciados na importancia da educación dos adultos para e por un futuro mellor.


Os obxectivos son promover a igualdade de xénero de forma intrínseca en todas as charlas, reflexionar sobre situacións cotiás de desigualdade de xénero, favorecer a relación familiar, facilitando a comunicación, dotar ás nais e aos pais de recursos e habilidades, detectar canto antes os problemas, promover a participación activa no grupo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS