viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísOs mercados e prazas de abastos promociónanse cunha nova campaña

Os mercados e prazas de abastos promociónanse cunha nova campaña

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo participou esta mañá en Ourense na presentación de ‘Quere o teu mercado’ que se desenvolverá o vindeiro 25 de maio

O obxectivo é incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras.

Celébrase en 28 mercados de Galicia o Día do Mercado, nos que se desenvolverán unha serie de eventos para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade.

Entre o venres 24 e o sábado 25, ofreceranse máis de 1.000 degustacións de tenreira galega grazas a colaboración da IXP Ternera Gallega cun posto que estará instalado na entrada do mercado onde tamén poderá intercambiarse os billetes da compra por agasallos da campaña.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS