viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui organiza este sábado o roteiro da Pedra Santa e o río...

Tui organiza este sábado o roteiro da Pedra Santa e o río Lagartón

Sairá ás 10 h dende a ponte na Veiga do Louro para realizar un percorrido de 8 quilómetros.

Unha andaina de gran valor natural e cargada de lendas será a que se realice este sábado, 25 de maio, dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui. Ás 10 h dende a ponte situada na Veiga do Louro partirá o Roteiro da Pedra Santa e o río Lagartón guiada por José Martínez Tato de AndaTui. O percorrido de 8 quilómetros, de dificultade baixa, irá dende a senda do Lagartón até a Pedra Santa, pasando por Guillarei, pola senda e o pontillón do Louro até chegar á Ponte das Febres onde terá lugar unha actuación de música tradicional galega, e se contará cuns petiscos doces xentileza do club Anda Tui. De regreso pasarase pola igrexa da Virxe do Camiño, onde Martínez Tato contará a lenda deste lugar, e
regresará ao punto de partida.


As persoas interesadas deben inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira, no teléfono 677 41 84 05 ou no correo turismo@tui.gal.

Por outra parte este domingo, 26 de maio, dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade terá lugar o Trilho da Fortaleza, que sairá ás 10 h (ES) dende as Portas do Sol en Valença. Trátase dun percorrido de 5 quilómetros de marcado intereses histórico e cultural. Neste caso o prazo de inscrición pecha este xoves e pode realizarse a través da web andatui.es.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS