domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasCarballiñoCarballiño e Cortegada oficializan o seu escudo e a súa bandeira

Carballiño e Cortegada oficializan o seu escudo e a súa bandeira

O Consello da Xunta deu o visto e prace aos decretos polos que se aproban os novos símbolos heráldicos destes dous concellos ourensáns

Segundo vén definido no decreto, no caso do Carballiño a bandeira está partida ao
centro. Á hasta, leva o pano amarelo co carballo arrincado de verde e os dous osos na
súa cor natural empinados ao tronco. Ao batente é de azul con catro ondas de branco.

No caso da bandeira de Cortegada, o pano é vermello coa copa de amarelo e venera
branca flanqueadas das dúas serpes verdes. Á hasta, as sete cruces trevoladas de
amarelo, ben ordenadas, e as dúas ondas brancas, ao batente.

O Consello da Xunta tamén aprobou os escudos de ambos os municipios. O do Carballiño
é de ouro (amarelo) e sobre ondas de azur (azul) e prata (branco), un carballo arrincado
de sinople (verde) cos dous osos ao natural empinados ao seu tronco. Ao timbre, a coroa
real pechada.

Por outra banda, o escudo de Cortegada é de gules (vermello) e sobre ondas de prata
(branco), unha copa de ouro (amarelo) flanqueada de dúas serpes de sinople (verde),
surmontada dunha venera de prata e todo surmontado, pola súa vez, de sete cruces
trevoladas de ouro, ben ordenadas no xefe. Ao timbre, a coroa real pechada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS