Trátase dunha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que os seus fillos e fillas ao longo das vacacións de verán, nos meses de xullo e agosto, poidan optar a esta proposta de conciliación que se pon en marcha dende o Concello de Allariz.
Poderán ser beneficiarias deste servizo aquelas persoas que teñan nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos ( 4º Educación Infantil – 5º Educación Primaria) e que nas quendas que soliciten o servizo non gocen de vacacións.
Ofértanse 65 prazas por cada unha das catro quendas , habendo catros entre os meses de xullo e agosto.
A solicitude para os beneficiarios formalizarase no formulario normalizado que figura como “Solicitude Concilia Verán”, e que estará dispoñible nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz, na web do Concello de Allariz www.allariz.gal ou na sede electrónica allariz.sedelectronica.gal