viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEducaciónImpulso do Campus Auga de Ourense como campus especializado

Impulso do Campus Auga de Ourense como campus especializado

O secretario xeral de Universidades e os responsables do campus avalían as accións que se formalizarán nun convenio a través do cal o Goberno galego investirá máis de 3 millóns de euros

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo ultiman as primeiras actuacións deste impulso. Así, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, mantivo estes luns unha reunión de traballo co vicerreitor do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez; co director do Campus Auga, Roberto Fernández, e co xestor, Roberto Villar, para avaliar o desenvolvemento de accións específicas que se recollerán no convenio a través do cal o Goberno galego inxectará máis de 3 millóns de euros para levalas a cabo.

Na xuntanza abordáronse cuestións relativas á docencia enfocadas a potenciar a oferta formativa, a empregabilidade e a internacionalización; á investigación para fortalecer a captación de talento; á transferencia e innovación e á gobernanza.

Cómpre lembrar que o Campus Auga de Ourense vén de acadar acreditación como campus de especialización para o período 2024-26, polo que é o terceiro campus do Sistema Universitario Galego que acada este recoñecemento, tras o Industrial de Ferrol e o Campus Terra de Lugo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS