sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaO Fondo Galego celebra en Allariz un dos obradoiros para implantar a...

O Fondo Galego celebra en Allariz un dos obradoiros para implantar a Axenda 2030 no eido local

A formación será o vindeiro xoves, 23 de maio, de 10.00a 14.00 horas, no Fogar dos Maiores

Oito concellos galegos, entre os que se atopa Allariz, impulsarán a implantación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, facilitados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. A formación terá lugar en Allariz o 23 de maio, aínda que a todas as localizacións poden asistir representantes e organizacións de calquera municipio.

O programa permitirá achegarse aos principios fundamentais da Axenda 2030 e ás fases do proceso de localización mediante exemplos de boas prácticas, ao tempo que se empregarán dinámicas participativas para explorar conxuntamente estratexias para territorializar os ODS, de xeito que xurdan iniciativas que despois poidan ser levadas á práctica. Neste senso, informarase das liñas de financiamento dispoñibles e facilitarase o asesoramento necesario. As e os asistentes recibirán mesmo unha guía de apoio, alén de degustar café de comercio xusto no descanso.

A actividade esta dirixida a persoal político e técnico dos municipios, deputacións e mancomunidades, pero tamén a asociacións de todo tipo e xente nova, desde colectivos de carácter social e cultural ata agrupacións de comerciantes, ANPA, etc.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS