miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de medio cento de accidentes con tres persoas falecidas, na ponte...

Máis de medio cento de accidentes con tres persoas falecidas, na ponte das Letras Galegas

Desde as 15.00 horas do xoves, 16 de maio ata as 23.59 horas do domingo, 19 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico

Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 74 persoas. En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 21 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto, dous homes (de 22 e 65 anos) nun sinistro na N-550 en Ordes e unha muller (de 45 anos) no límite entre os concellos de Frades e Mesía, tamén na Coruña. Precisamente, por provincias, esta foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico, 19 producíronse en Pontevedra, 6 en Lugo e 5 en Ourense.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS