sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasCarballiñoO Carballiño presenta o anteproxecto do novo complexo deportivo da Uceira

O Carballiño presenta o anteproxecto do novo complexo deportivo da Uceira

O Concello do Carballiño vén de facer público nas súas redes sociais un vídeo coa infografía do que será a futura Cidade Deportiva da Uceira, que inclúe un gran estadio e un campo de fútbol 8, entre outras instalacións.
O proxecto foi anunciado polo alcalde Francisco Fumega e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, que aseguraron que se trata dunha iniciativa dirixida a cubrir as necesidades e expectativas de futuro do Carballiño nesta materia.
O seu custo ronda os 10 millóns de euros, polo que se deberá executar en varias fases e cofinanciar co resto das administracións públicas e estamentos deportivos, comezando cunha capacidade de 2.000 persoas e rematando con 6.000, que é o máximo previsto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS