sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os positivos en todas as áreas sanitarias de Galicia

Baixan os positivos en todas as áreas sanitarias de Galicia

Xornada de datos positivos. Galicia está por debaixo dos 3.000 positivos (2.954) tras unha baixada nos novos positivos diarios (145). Descenderon en casos todas as áreas sanitarias, das que segue á cabeza a viguesa.

A área de Vigo é a que rexistra máis contaxios de COVID-19 con case 200 máis que a da Coruña:

Vigo: 859 (-29)

A Coruña: 670 (-32)

Pontevedra: 474 (-10)

Santiago: 422 (-7)

Ourense: 225 (-6)

Lugo: 204 (-12)

Ferrol: 99 (-2)

Nos hospitais, lixeira melloría no número de diagnosticados COVID ingresados. Hai en total 188 persoas hospitalizadas: 148 en planta e 40 nas UCI.

En canto ao número de falecidos as víctimas mortais da pandemia ascenden en Galicia a 2.397, tras dúas mortes notificadas polo Sergas na última xornada: Un home de 75 anos ingresado en Vigo que falecera xa o 30 de abril e unha muller de 90 anos que faleceu tamén nun hospital vigués este martes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS