viernes, diciembre 27, 2024
InicioNewsComarcasChega ao Porriño a mostra 'Pontevedra e América. Unha mirada en feminino'

Chega ao Porriño a mostra ‘Pontevedra e América. Unha mirada en feminino’

A exposición, que estará no parque do Cristo ata o 15 de xuño, recolle a historia de mulleres cuxas vidas estiveron marcadas pola inmigración

O Porriño acolle desde hoxe a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela.


A mostra inaugurouse esta tarde cun faladoiro a cargo de María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana, Mª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC e María Xosé Porteiro, adxunta á xornalista e escritora.


A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carolina González,
participaron no acto inaugural da exposición que poderá visitarse no parque do Cristo ata o 15 de xuño.

“Cando pensamos na emigración, esquecemos a aportación que fixeron as mulleres” remarcou a deputada de Igualdade. Neste eido, Bastos subliñou o papel fundamental que desenvolveron, “tanto cando saían como cando quedaban aquí, en Galicia”, e puxo en valor a traxectoria das protagonistas da mostra: “Todas elas marcaron fitos na política, no social, na defensa da lingua ou na educación e, sen embargo, permanecen invisibles nos relatos históricos”.


No mesmo sentido se expresou a concelleira, incidindo na importancia de “rescatar a experiencia e a mirada femenina da inmigración, e devolver ás mulleres o lugar e o protagonismo que lles corresponde nesta andaina que marcou a historia de Galicia e segue a marcala na actualidade”.

Este proxecto de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Cátedra Iberoamericana non se limita á mostra, ten como obxectivo investigar, recompliar e publicar, en formato dixital, as historias dun nutrido grupo de pontevedresas no eido da cultura, da arte, da empresa, da docencia e, en definitiva, en todos os ámbitos nos que se aplicaron, cunha dobre mirada: o éxito nas Américas e o éxito en Pontevedra daquelas que agardaron. E todo iso sen descoidar a historia de tantas mulleres que foron ignoradas a pesar da súa forte implicación nas migracións laborais e políticas que, de maneira especial, se sucederon no pasado século.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS