Desfrutaron tamén do evento os maiores da Casa do Maior de Arnoia. O acto rematou cunha visita a nosa biblioteca municipal.
Tiveron a oportunidade de coñecer máis á Luísa que marcaba o trazo do camiño, da vida, da literatura, da música do seu violín con luz a paso de pincel.
Así dicía: «Cando cada letra do meu violino escriba o teu nome e os sonidos siderais baixen por min a cantarte comenzarás a existir novamente».
A música converteuse en poesía en Arnoia
Con motivo das Letras Galegas, o Concello en colaboración con mestres do CEIP San Salvador, fixeron unha homenaxe a Luísa Villalta cun concerto didáctico de violín da man dunha muller nova, mestra e ilusionada da música tamén, Nuria Buceta