domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasPorriñOlimpiadas saudables para os escolares

PorriñOlimpiadas saudables para os escolares

Estudantes de secundaria e de FP Básica do Porriño participan nesta actividade que fomenta o ocio saudable

Un total de 87 estudantes do Porriño participaron no último mes nas PorriñOlimpiadas Saudables, unhas xornadas de actividades encadradas dentro do Programa ACTIVA da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e organizadas pola Concellería de Sanidade do Concello do Porriño.


Este programa ten como obxectivo fomentar o ocio saudable entre os estudantes de terceiro de secundaria e de FP Básica dos centros participantes: CPR Hermanos Quiroga, IES Pino Manso, CPR Santo Tomás e IES Ribira do Louro. Os/as mozos/as de cada un dos centros formaron equipos que sumaron puntos ao longo das distintas fases. As actividades consistiron nun torneo de brilé, un concurso de fotografía e na preparación de cócteles sen alcol.


Os equipos foron sumando puntos para os seus centros e se batiron hoxe na última xornada no pavillón polideportivo municipal, onde o IES Pino Manso obtivo o primeiro lugar. Valeria Dagraza, de Avada, coordinadora das PorriñOlimpiadas Saúdables declara que “se cumpliron os obxectivos do traballo en equipo e fomento do ocio saúdable, destacando a participación dos rapaces na elaboración dos seus propios cócteles”.


Pola súa banda, a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso mostrou a súa satisfación polo interés demostrado polos rapaces/as e o desenvolvemento da actividade.

O alcalde do Porriño, compartiu cos rapaces e rapazas un ratiño da actividade na súa xornada final e recabou as súas impresións. “É moi importante que interioricen que hai moitas opcións de lecer e cousas que facer para divertirse sen facerse dano, a diversión e o dano persoal non poden ir da man”, explicou o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS