viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísPosta en valor da calidade e sabor do peixe e mariscos galegos

Posta en valor da calidade e sabor do peixe e mariscos galegos

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, recoñece o traballo das peixerías na promoción destes produtos, así como o seu consumo como parte dunha dieta equilibrada como atlántica.

Así o manifestou durante a visita a unha peixería no municipio coruñés de Ames onde destacou os beneficios para a saúde que presentan os produtos do mar pola súa riqueza nutritiva e apostou por promover entre a cidadanía as súas propiedades culinarias.

Alfonso Villares entregou aos responsables do establecemento material da campaña AMAR GALICIA posta en marcha polo departamento que dirixe co obxectivo de promover a confianza na calidade dos produtos do mar.

Críticas ao Estado
O conselleiro tamén lamentou a decisión do Goberno central de negar a declaración de zona catastrófica aos bancos marisqueiros a pesar das extraordinarias precipitacións acaecidas no outono pasado. Tamén sinalou que ás formacións que sosteñen ao Executivo estatal, “que segue sen axudar ao marisqueo galego” aclarou, sexan as mesmas que acoden ás manifestacións como a de onte en Ribeira. “Son eles os que, polo visto, non ven motivos para que o sector poda acceder a esta medida que permitiría recibir máis recursos en apoio da actividade marisqueira” rematou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS