Inicia o procedemento de contratación dun documento programático que rexistrará as características de todas as vías do municipio, incluso as que se atopan fóra de núcleo, e que vén a complementar o estudo municipal preexistente, datado no 2016
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública,
Camilo Grandal, e o edil de Patrimonio, Leo Costas, informaron de que o Cocello inicia o procedemento de contratación dun Estudo Integral da Rede Viaria Municipal que a administración local financiará grazas á subvención de 10.000 euros que lle vén de ser concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, da Consellería do Medio Rural.
Este servizo de estudo integral da rede viaria municipal ven a complementar e mellorar o inventario de camiños e rueiro co que conta o Concello de Mos e data do ano 2016
O obxectivo dos traballos a contratar é a redacción dun documento para planificar futuras intervencións e actuacións, a partir dunha análise da rede viaria existente. “Este estudo integral da rede viaria municipal será un documento programático e rexistrará as
características de todas as vías do municipio, incluso as que se atopan fóra de núcleo: lonxitude, firme, estado, entidades de poboación, poboación, explotacións agrogandeiras, conexión con estrada superior, e continuidade, etc.”, explicaron os representantes locais, Arévalo, Costas e Grandal.
Entre os contidos cos que contará este novo inventario de camiños que completa o do ano 2016 atópanse a descrición da rede viaria actual incluíndo datos de estado, lonxitude, tipos de capa de rodaxe (tratamentos asfálticos, formigón, zahorra, outros…), niveis de utilización, etc., datos das vías de acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras, sistema de información xeográfica co trazado da rede viaria municipal dacordo coas instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader.xunta.gal), priorización das futuras intervencións en tres niveis (alto, medio e baixo) atendendo entre outros, aos seguintes criterios: intensidade de tráfico, estado da vía, acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras, acceso a núcleos de poboación e acceso a recursos turísticos. E identificación de camiños que teñan continuidade en concellos limítrofes, de cara á planificación e coordinación de futuras actuacións.
Ademais os datos de cada camiño serán tamén tratados e rexistrados individualmente, de
modo que a caracterización de cada camiño constará de información que permita a súa individualización incluíndo: Nome do camiño. Recollerase se o camiño está incluído no inventario municipal xa existente en caso de estalo. Anchura media do camiño en metros.
Especificarase un código único que permita a súa identificación e que estará composto polo
código IGE seguido de4 díxitos adicionais correspondentes a un número ordinal que irá
incrementándose de forma consecutiva. Detallarase a tipoloxía do firme do camiño, que poderá ser: o Zahorra/terra, Formigón, Dobre ou tripla tratamento superficial, Aglomerado en quente. Recollerase a información de estado de conservación do camiño (bo, regular ou malo). Especificarase o número de entidades de poboación ás que dá servizo o camiño, podendo considerar para elo todas aquelas poboacións atravesadas fisicamente polo camiño, así como as que deben empregar necesariamente dito camiño para acceder elas. Especificarase o número de habitantes das entidades de poboación ás que dá servizo o camiño, podendo considerar para elo todas aquelas poboacións atravesadas fisicamente polo camiño como as que deben empregalo necesariamente para chegar a elas. Recollerase se o camiño proporciona acceso directo a unha explotación agrogandeira ou non. Indicarase se o camiño ten conexión directa cunha estrada de categoría superior (Provincial, Autonómica, Nacional). E recollerase se a traza do camiño discorre unicamente polo propio concello ou se pola contra ten continuidade noutro concello limítrofe.
Dixitalización do viario
Por último, toda esta información recollerase, compilarase e entregarase nun arquivo vectorial compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) e estará definida no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), fusa 29N).