Tui vai recibir máis de 291.000 euros de fondos europeos FEDER para a recuperación do baluarte do Diaño da muralla medieval, emprazado no tramo que percorre o paseo fluvial. Trátase do 75% do investimento previsto que ascende a 388.000 euros.
Tui é un dos cinco municipios que forman parte do proxecto “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da Raia”, xunto aos portugueses de Valença, Almeida e Marvão e o español de Ciudad Rodrigo.
Este proxecto suporá o investimento total de 1.199.203,50€ dos que 899.402,62 serán financiados a través do fondos FEDER a través do programa Interreg España-Portugal.
Estes cinco municipios van desenvolver unha estratexia conxunta de desenvolvemento baseada no patrimonio cultural tendo en conta a innovación, preservación, sensibilización e capacitación reforzando unha oferta turística temática.