O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 59 persoas. En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62,5 % e do 37,5 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 56 % dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 16 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.