Sánchez insiste en que as autonomías teñen os instrumentos suficientes para xestionar a pandemia da COVID-19 unha vez acabado o estado de alarma e descarta cambios legais. A Xunta acusa ao Goberno de obrigar aos xuíces a facer de epidemiólogos.
O presidente da Xunta:
Despois de que a pasada fin de semana se producisen aglomeracións e desfases nalgúns puntos de Galicia co fin do toque de queda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao igual que outros mandatarios autonómicos, piden que se leven adiante cambios legais co respaldo do Congreso dos deputados para dotar a España dunha lei que lle permita ás autonomías xestionar con garantías a pandemia.
Despois de que o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, abrira a posibilidade a un cambio legal nun futuro neste sentido, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, descartouno: «Agora mesmo, neste estadio da pandemia, todas as comunidades autónomas teñen instrumentos dabondo para facer fronte á pandemia»
Pola súa parte, o ministro de Política Territorial, Miquel Iceta, explicou que para prohibir o botellón na rúa non fai falla un estado de alarma.